Arzúa, Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada, ameazadas polos transxénicos

xaneiro 29, 2009 · Publicado en Dupont (Pioneer), Galiza, Millo, Monsanto, PGA, UE · Comentario 

A Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) alerta que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) acaba de facer públicas 11 solicitudes para crear campos experimentais de millo transxénico das empresas Monsanto, Pioneer e Procase nun total de 67 municipios do Estado, entre eles Arzúa, Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada. A PGA cuestiona que se pida a súa autorización despois de que un estudo (Biological effects of transgenic maize NK603xMON810) concluíse que os ratos alimentados con esta variedade tiveron unha reducción significativa na súa capacidade reproductora.

Bruxelas autoriza, sen previo aviso, dúas variedades de millo transxénico

xaneiro 22, 2009 · Publicado en Corporacións, Dupont (Pioneer), Syngenta(Novartis), UE · Comentario 

Duas novas variedades de millo transxénico veñen de ser aprobadas pola UE, sen previo aviso e sen agardar a revisión do sistema de autorización de transxénicos solicitado polos ministros de Medio Ambiente o pasado Decembro co fin de mellorar a vixilancia. Trátase do BT-11 de Syngenta (Novartis) e do BT-1507 de Dupont (Pioneer). A Comisión Europea tomou a decisión o mércores, sen ter anunciado nada previamente, despois de que a Axencia Europea da Seguridade Alimentar asegurara a non existencia de riscos para os humanos nin para o medio ambiente. Ante este informe, o eurocomisario de Medio Ambiente, Stavros Dimas, que pedira que non se autorizasen estas variedades até que houbese garantías sobre o efecto na biodiversidade, tivo que ceder. A Comisión despreciou unha vez mais as probas científicas sobre os perigos asociados aos OXMs e ignorou a oposición aplastante do público a estes produtos.

Galiza acolle sete plantacións secretas de transxénicos

novembro 20, 2008 · Publicado en Dupont (Pioneer), Galiza, Millo, Monsanto, PGA · Comentario 

No 2007, o Goberno central autorizou a varias empresas a experimentar con millo artificial en sete concellos galegos. Ningún alcalde foi informado. Monsanto recibiu autorización ministerial para sementar en Lalín, Val do Dubra, Touro e Castro de Rei. Pioneer Hi-Bred (filial da multinacional Dupont) foi autorizada polo goberno español para experimentar en Ribeira, Mesía e Vilalba.