Evidencias de que o millo transxénico é contaminante
A controversia que arrincou no 2001 sobre o millo transxénico -cando un estudo posteriormente repudiado alertou da contaminación en produtos tradicionais- parece agora definitivamente resolta: un grupo de investigadores confirmou que hai evidencias desa contaminación en varias mostras de millo silvestre do Estado de México.
http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/science/newsid_7912000/7912360.stm
Transxénicos, a coexistencia segue sendo imposible
No informe adxunto «A coexistencia segue sendo imposible» Greenpeace describe algúns casos de contaminación a través de entrevistas cos afectados. Recóllese o testemuño de productores que sufriron directa ou indirectamente a contaminación do millo transxénico de Monsanto, MON-810, durante o ano 2007 e cuias realidades socio-económicas vironse fortemente agredidas pola presenza deste transxénico nos nosos campos.
Golpe aos transxénicos do Tribunal Europeo de Xustiza
O Tribunal Europeo de Xustiza de Luxemburgo vén de dar a razón ás organizacións ambientalistas e cidadás na súa loita contra cultivos transxénicos e polo DEREITO Á INFORMACIÓN. Até o de agora, algúns estados negábanse a facer pública a ubicación das parcelas experimentais nas que as transnacionais dos OMXs “ensaiaban” os seus produtos, alegando que “lesionaría a intimidade” das empresas e dos propietarios/as das terras.
A PGA presenta oficialmente na Galiza a “Declaración Estatal contra os OXM´s: A sociedade civil contra o uso de transxénicos na agricultura e na alimentación”
Nunha acción coordenada a nivel estatal para a transmisión deste documento respaldado pola comunidade científica e impulsado polas organizacións Amigos de la Tierra, COAG, Ecologistas en Acción, Plataforma Rural e Greenpeace.A devandita declaración conta coa adhesión de máis de 450 investigadoras/es, docentes universitarias/os, organizacións profesionais agrarias, asociacións ecoloxistas, de consumidoras/es, de produtoras/es de agricultura ecolóxica, ONG´s do desenvolvemento e entidades privadas.
A cultura dos transxénicos no mundo aumentou un 9,4% nun só ano
No ano pasado, 13,3 millóns de agricultores, en 25 países distintos, plantaron 125 millóns de hectáreas de organismos xeneticamente modificados (OXMs), o que significa un aumento de 9,4% en relación a 2007. Nun só ano, a superficie nas que se cultivaron transxénicos aumentou en 10,7 millóns de hectáreas, ao tempo que 1,3 millóns de agricultores se «converteron» aos transxénicos.
Os EUA seguen á fronte desta carreira, con 62,5 millóns de hectáreas cultivadas, mais seguidos de perto por Arxentina (21 millóns), Brasil (15,8 millóns), India e Canadá (ámbolos dous países con 7,6 millóns cada un) e a China (3,8 millóns). Ademais, en 2008 tres novos países comezaron a plantar OXM: Exipto -con millo-, Burkina Faso -algodón- e Bolivia -soia-.
É para ter en conta que dos 25 países do mundo que están abertos a este tipo de cultivos, 15 son países en vías de desenvolvemento.
Os cultivos transxénicos alimentan ás multinacionais, non ás vítimas da crise alimentaria
Un novo informe da Federación Amigos da Terra Internacional, “Quen se beneficia dos cultivos transgénicos?” amosa como a subida dos prezos dos alimentos básicos pola crise alimentaria permitiu ás multinacionais acumular beneficios record, aumentando o prezo das sementes transxénicas e dos agroquímicos que venden aos labregos.
Privatizando o mundo
«Deus creou o mundo en sete días, pasados uns anos o todopoderoso home de negocios contemplou o seu traballo… O mercado tiña extendido o seu imperio ate abarcar toda a Terra, os recursos explotábanse como nunca antes, sen embargo escapábanselle moitas riquezas, riquezas que moitos soñadores inxenuos todavía tentaban apartar do mercado en nome do ben común. Para o empresario esta noción do ben común tíñase convertido no único obstaculo que o separaba da súa meta final convertir todo o planeta nun artigo de mercado e instaurar o mercado global, asi pois embarcouse nunha viaxe de negocios que ia cambiar a terra {…} A cotio nas súas viaxes o home de negocios laiábase da molesta capacidade de reprodución das plantas, entón ocurriuselle unha idea xenial para rematar coa situación, a partires dalquel intre e por decreto as sementes e todo o que elas puidesen producir convertiríanse en propiedade privada» Privatizando o mundo.
Monsanto introdúcese tamén no Perú
Representantes da transnacional xa se reuniron co presidente García, descartouse polo momento a introdución dos cultivos xa que non existe unha lexislación coa que poder controlalos. Nembargantes, a sinatura do Tratado de Libre Comercio cos Estados Unidos, fará que o Perú, unha reserva da biodiversidade, sexa invadido polas sementes transxéncias.
Arzúa, Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada, ameazadas polos transxénicos
A Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) alerta que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) acaba de facer públicas 11 solicitudes para crear campos experimentais de millo transxénico das empresas Monsanto, Pioneer e Procase nun total de 67 municipios do Estado, entre eles Arzúa, Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada. A PGA cuestiona que se pida a súa autorización despois de que un estudo (Biological effects of transgenic maize NK603xMON810) concluíse que os ratos alimentados con esta variedade tiveron unha reducción significativa na súa capacidade reproductora.
Bruxelas autoriza, sen previo aviso, dúas variedades de millo transxénico
Duas novas variedades de millo transxénico veñen de ser aprobadas pola UE, sen previo aviso e sen agardar a revisión do sistema de autorización de transxénicos solicitado polos ministros de Medio Ambiente o pasado Decembro co fin de mellorar a vixilancia. Trátase do BT-11 de Syngenta (Novartis) e do BT-1507 de Dupont (Pioneer). A Comisión Europea tomou a decisión o mércores, sen ter anunciado nada previamente, despois de que a Axencia Europea da Seguridade Alimentar asegurara a non existencia de riscos para os humanos nin para o medio ambiente. Ante este informe, o eurocomisario de Medio Ambiente, Stavros Dimas, que pedira que non se autorizasen estas variedades até que houbese garantías sobre o efecto na biodiversidade, tivo que ceder. A Comisión despreciou unha vez mais as probas científicas sobre os perigos asociados aos OXMs e ignorou a oposición aplastante do público a estes produtos.
Toxicoloxía do Glifosato: Riscos para a saude humana
Artigo que pasa revista ós riscos que o Glifosato ten para a saúde humana (toxicidade, efectos canceríxenos e reproductivos, acción mutaxénica e contaminación de alimentos), ao tempo que alerta sobre as debilidades nos sistemas que regulan a bio-seguridade.
Documental: Nós alimentamos o mundo
We Feed the World é un documental austríaco sobre o aumento da industrialización e a masificación na produción de alimentos. O fio condutor do documental é unha entrevista con Jean Ziegler (relator especial da ONU para o dereito á alimentación).
Na película entrevístase tamén a pescadores, labregos, camioneiros e a executivos das grandes corporacións, por exemplo o director de producción de Pioneer ou a Meter Brabeck, director de Nestlé.
O señor Brabeck, que evidentemente hai moito que non sae do seu castelo de cristal para botarlle unha ollada ao mundo, deixa algunha pérola impagábel, por exemplo é quen de chamar extremistas aos que se opoñen á privatización da auga (Nestlé é a maior embotelladora do planeta).
Velaí un fragmento subtitulado en castelán:
Que non falte o bo humor!
A Soia na Arxentina
Onde había vacas, hai soia. Onde había bosque, hai soia. Onde había alimento, traballo e xente, hai soia. Pero non calquera soia, soia transxénica…
Tres historias da soia transxénica
1ª. Expulsan os labregos do Paraguay das súas terras para poder sementar soia transxénica. A soia rematará convertida en penso para o gandería industrial europea.
2ª. A gandería industrial cos seus pensos de soia transxénica acapara o mercado. As explotacións tradicionais teñen que pechar.
3ª. Activistas no porto de Barcelona, principal punto de entrada en Europa da soia transxénica, non queren que a carne que consumimos sexa alimentada con transxénicos e inxustiza…









